O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é pouco coñecido pero seguro que che son familiares as súas causas: ICTUS, traumatismos cranioencefálicos por accidentes, tumores cerebrais, falta de osíxeno por unha parada cardiorrespiratoria ou un afogamento etc. As secuelas, moitas veces invisibles, poden ser moi variadas.
O DCA chega de forma inesperada, sen avisar. Superados os primeiros momentos debemos pensar na rehabilitación, na recuperación e mantemento das capacidades e en volver á vida social e laboral. A atención inmediata e especializada por un equipo multidisciplinar é a mellor forma de acadalo.
Porque somos coma ti. Persoas e familias que pasamos por unha situación parecida. Sabemos o que se sente pero tamén o que precisas. As mesmas necesidades e inquedanzas foron as que nos levaron a organizarnos hai 25 anos. Hoxe os nosos servizos atenden case todas as necesidades das persoas e familias.
Durante o mes de abril tiveron lugar diversas actividades que permitiron compartir experiencias e visibilizar o labor da nosa entidade así como xerar alianzas co comercio local grazas a campaña “12 comercios, 12 sensibilizades” impulsada polo Concello de Santiago.
30/04/2026
A Deputación da Coruña é unha das institucións que anualmente financian a actividade dos servizos de atención de Dano Cerebral Santiago de Compostela. En 2026 o organismo provincial acaba de conceder unha subvención de 40.000 euros (cun coeficiente de cofinanciamento do 40%) dentro do “Programa FOCVAA: programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios”.
30/04/2026
A semana pasada tivo lugar a sinatura do acordo de colaboración entre Dano Cerebral Santiago de Compostela e Bera óptica que permitirá acceder a descontos en servizos de óptica e audioloxía ás persoas socias da entidade.
31/03/2026
O mércores 17 pechamos a conmemoración do 25 aniversario da asociación cun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia no que se repasaron a historia da entidade desde a súa fundación o 19 de decembro de 2000. Un camiño que comezou grazas á iniciativa e á forza dun grupo de familias e profesionais que tiñan unha convicción moi clara: unha vida salvada merece ser vivida con dignidade.
21/12/2025
Recibe novas no teu email