Noticias

  • Na celebración do 25 aniversario da asociación, publicamos tres vídeos coa historia da asociación desde o momento da súa fundación até o momento da celebración. Aquí podes acceder aos tres vídeos: "1. Os inicios", "2. Retos superados" e "3. O futuro".

    Leer más
    21/12/2025
  • O mércores 17 pechamos a conmemoración do 25 aniversario da asociación cun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia no que se repasaron a historia da entidade desde a súa fundación o 19 de decembro de 2000. Un camiño que comezou grazas á iniciativa e á forza dun grupo de familias e profesionais que tiñan unha convicción moi clara: unha vida salvada merece ser vivida con dignidade.

    Leer más
    21/12/2025
  • Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible o Concerto Solidario que celebramos este sábado. Especialmente a todos os nenos e nenas da Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, aos seus mestres e mestras, ás súas familias por acompañarnos; ao Coro Harmonia Stellae; ao grupo Charamuscas; ao todo o equipo do CIPF Politécnico de Santiago polas facilidades e o gran traballo de sala ese día; a Ramón Castro por conducir tan ben o acto e a todo o público que nos acompañou.

    Leer más
    16/11/2025
  • Acompáñanos no Concerto Solidario que con motivo de 25 Anos de retos superados celebraremos o sábado 15 de novembro ás 19:00 horas no auditorio do CIFP Politécnico de Santiago. Actuarán a Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, o coro Harmonía Stellae e o grupo Charamuscas de música tradicional. Amplía a información para saber como mercar as entradas ou colaborar na fila 0.

    Leer más
    01/11/2025
  • O sábado pasado as familias, colaboradores/as, persoas voluntarias, profesionais e representantes doutras entidades galegas do DCA celebramos con gran éxito a foliada coa que abrimos as celebración do noso 25 aniversario.

    Leer más
    07/07/2025
  • O próximo sábado 5 de xullo todas as persoas que o desexen poderán celebrar con nós 25 Anos de retos superados na foliada que organizamos no campo da festa do Castiñeiriño. Un xantar a base de polbo, churrasco, empanada e máis, música e xogos serán as actividades que estamos a preparar.

    Leer más
    19/06/2025
  • Hoxe tivemos un almorzo informativo cos medios de comunicación locais para presentar un avance das actividades coas que celebraremos o noso 25 aniversario. Luciano Fernández, presidente da entidade, anunciou os actos que terán como colofón un acto o 19 de decembro, data do nacemento de Sarela.

    Leer más
    10/06/2025
  • Prepara roupa cómoda e esterilla! O sábado 14 organizamos no parque do Restollal unha sesión de ioga solidario con motivo do noso 25 aniversario Nesta actividade contamos coa colaboración de Zona-Zen de Bertamiráns. A continuación explicámosche como facer a inscrición e cal é a localización exacta.

    Leer más
    04/06/2025

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Más información