Suscríbete a nuestro boletín
Recibe noticias en tu email
Foi nun encontro con persoas usuarias dos nosos servizos e como exemplo de achegar a literatura ás persoas con dificultades sensoriais ou cognitivas. Publicada por Xerais no 2024, A noite das cebolas foi recoñecida co Premio Novela Europea Casino de Santiago neste 2026, galardón arredor do que se organiza este encontro, e tamén foi recoñecida no 2025 co Premio Follas Novas do Libro Galego de Narrativa.
O venres 13 de novembro de 2026 celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria II ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda convocatoria. O formato de celebración será mixto, presencial e telemático. O lugar de celebración é na sede social de Dano Cerebral Santiago de Compostela na rúa Pedro Cabezas González nº3, Santiago de Compostela e a para o formato telemático proporcionarase, na convocatoria enviada cada persoa asociada, o enlace para participar na mesma.
Un ano máis, e vinte desde a súa declaración oficial en 2007, celebramos o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido con diferentes actividades que comezaron o sábado 24 cunha marcha entre O Milladoiro e a nosa sede. Hoxe o acto principal foi a lectura do manifesto na Casa do Concello. Ademais tivemos unha xornada de portas abertas no noso centro e unha mesa informativa no Hospital Clínico de Santiago.
Como cada ano as entidades federadas en Dano Cerebral Estatal redactan un manifesto conxunto no que recollen as súas demandas e inquedanzas. O acto de lectura desenvolveuse na Casa do Concello de Santiago ao que asistiu a alcaldesa Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e representantes de todos os grupos municipais. O manifesto foi lido por Teresa Tojo, Daniel Filloi e Marta Vázquez, que todas teñen dano cerebral e son usuarias dalgún dos nosos servizos.
A actividade principal do Día do DCA será unha xornada de portas abertas para compartir, sensibilizar e dar visibilidade ao dano cerebral e ao noso modelo de intervención. A lectura do manifesto reivindicativo será na Casa do Concello de Santiago e tanto no Día do DCA como do Ictus atenderemos puntos informativos en hospitais e centros de saúde da área sanitaria. Previamente, o sábado 24 celebrarase a I Marcha Prevención do Dano Cerebral.
O vindeiro 24 de outubro, ás 10:00 h, comezará en O Milladoiro a I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina solidaria que nos levará ata a sede de Dano Cerebral Santiago de Compostela.
A nova intervención artística, situada na rúa do Castiñeiriño, nace dun proceso participativo no que as persoas usuarias de Dano Cerebral Santiago de Compostela foron protagonistas.
Grazas o convenio asinado entre o Concello de Santiago e a nosa entidade desenvolveuse, durante este ano, un programa de actividades de autocoidado dirixidas a persoas coidadoras e profesionais de Dano Cerebral Santiago de Compostela.