O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é pouco coñecido pero seguro que che son familiares as súas causas: ICTUS, traumatismos cranioencefálicos por accidentes, tumores cerebrais, falta de osíxeno por unha parada cardiorrespiratoria ou un afogamento etc. As secuelas, moitas veces invisibles, poden ser moi variadas.
O DCA chega de forma inesperada, sen avisar. Superados os primeiros momentos debemos pensar na rehabilitación, na recuperación e mantemento das capacidades e en volver á vida social e laboral. A atención inmediata e especializada por un equipo multidisciplinar é a mellor forma de acadalo.
Porque somos coma ti. Persoas e familias que pasamos por unha situación parecida. Sabemos o que se sente pero tamén o que precisas. As mesmas necesidades e inquedanzas foron as que nos levaron a organizarnos hai 25 anos. Hoxe os nosos servizos atenden case todas as necesidades das persoas e familias.
No compromiso de seguir mellorando a accesibilidade dos seus contidos, a web da asociación mellorou este aspecto incorporando a ferramenta ReadSpeaker que permite ler en voz alta o contido de texto da páxina. Ao escoitar o texto comprenderemos mellor a información e poderemos escoitala en calquera lugar, en calquera momento e con calquera dispositivo (ordenador, teléfonos móbiles, tabletas etc). O usuario/a non ten que descargar nada xa que o reprodutor está integrada na páxina.
21/03/2025
Esta mañá visitou a sede da asociación o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para coñecer de primeira man os servizos de atención especializada en Dano Cerebral e falar de asuntos relacionados con este área de goberno da Xunta de Galicia. Os temas principais tratados foron a nova lei autonómica de cultura inclusiva e o programa de voluntariado da entidade.
20/03/2025
Reproducimos o manifesto que, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, fai público a Fundación Cermi Mujeres, unha organización creada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) para a defensa e acción do pleno goce de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade.
08/03/2025
Dano Cerebral Santiago de Compostela é unha das doce entidades sociais que se beneficiarán desta iniciativa na que cada mes un comercio local dá visibilidade ao labor dunha organización. Esta é a segunda edición dunha idea que xurdiu das propias comerciantes e que conta co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.
25/02/2025
Recibe novas no teu email