As persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias teñen na asociación un recurso fundamental para a súa rehabilitación e o fomento da participación social. Pero Dano Cerebral Santiago de Compostela tamén precisa axuda da sociedade e para iso hai moitas formas de colaborar con nós. Podes facerte socio/a, ter unha colaboración económica puntual ou participar no noso voluntariado.
Facer que se coñeza a realidade desta discapacidade e ampliar os recursos para a súa atención é tarefa de todos e todas. Por iso é tan importante asociarse: unha pequena cuota pode contribuír a mellorar a calidade de vida dunha persoa con dano cerebral adquirido e a súa familia.
Os estatutos de Dano Cerebral Santiago de Compostela recollen dous tipos de persoa socia: a que ten dano cerebral adquirido e as persoas colaboradoras, que non teñen DCA:
A continuación podes inscribirte como persoa socia da nosa asociación cubrindo o formulario online correspondente ou se o prefires podes descargar o mesmo formulario en versión pdf e envialo por correo electrónico a info@danocerebralsantiagodecompostela.org, deixalo en persoa na nosa sede ou envialo por correo postal a rúa Pedro Cabezas González, 3. 15702 Santiago de Compostela.
Dano Cerebral Santiago de Compostela está declarada, desde 2008, asociación de utilidade pública. Esta certificación constitúe ante todo un recoñecemento ao traballo que desenvolve no seu día a día, pero supón tamén unha vantaxe para todas aquelas persoas físicas e xurídicas que queiran facer aportacións.
As doazóns por parte de persoas (sexan cotas de persoas asociadas, colaboracións puntuais etc) a ONGs permiten desgravar ata un 80% do diñeiro achegado.
Ata 250 euros: pódese desgravar o 80% de todas as doazóns.
A partir de 250 euros:
Dos primeiros 250 € dedúdese o 80%.
Da cantidade que supera eses primeiros 250 € pódese deducir:
O 45%, se a doazón nos dous exercicios anteriores foi unha cantidade igual ou superior ao ano anterior.
O 40% no resto dos casos.
Pero debemos ter en conta o seguinte:
Para ter dereito á desgravación hai que realizar a Declaración da Renda.
Esta dedución ten un límite da base liquidable do 10%.
Se a doazón tamén se realizou nos 2 anos anteriores, a cantidade de desgravación pode ser maior.
No caso dos/as socios/as, esta será a desgravación total no caso de que sexa unha colaboración anual (12 cotas). Se se leva menos de 12 meses como socio/a, a desgravación será proporcional aos meses nos que se colabora durante ese ano fiscal.
Se colaboras con 60 euros ao ano
Se colaboras con 150 euros ao ano
Se colaboras con 180 euros ao ano
Se colaboras con 300 euros ao ano
Unha empresa pode deducir por donativos a unha ONG o 40% (co límite do 15% da base impoñible) da cantidade doada na cota do Impostos de Sociedades (IS). Excedido ese límite, pódese aplicar nos vindeiros 10 exercicios.
Esta dedución é do 50% para as doazóns realizadas a unha mesma entidade (por un importe igual ou maior) os 2 anos anteriores.
Por exemplo, se doa 500 € desgravará 250 € se doou os dous anos anteriores, e 200 € se é o primeiro ou o segundo ano que colabora con nós.
Se colaboras con 250 euros ao ano
Se colaboras con 500 euros ao ano