• banner-atencion-persoas-sarela-dano-cerebral

Atención ás persoas

"Teño Dano Cerebral. Agora que?"

Sarela é desde o ano 2000 referencia na área sanitaria de Santiago de Compostela na atención ao Dano Cerebral Adquirido. Os nosos principios son a atención individualizada, a abordaxe integral desde distintas especialidades profesionais e o contacto permanente coas familias.

Con estes principios, poñemos á vosa disposición os seguintes servizos co obxectivo de acadar a máxima recuperación das persoas con DCA; mellorar a súa calidade de vida e buscar a súa reincorporación ao mundo laboral, académico e social; recibir unha información rigorosa e útil e fomentar a súa prevención.

Quero información e apoio

imagen de sarela centro de dia

Servizo de Información, Orientación e Apoio

Con el ponse o foco nas familias desde o momento que se produce o dano cerebral. Ademais de proporcionarlles a información sobre o DCA, axudas e recursos tamén fomenta unha rede social de apoio e coidar o seu estado físico e mental.

+ info

necesito rehabilitación

Servizo de Atención Especializada

Está formado por un equipo especializado en rehabilitación que valora, planifica e desenvolve a rehabilitación integral da persoa unha vez recibe a alta no hospital. O servizo atende a adultos e nenos/as en horario de 9:30 a 17:30 h.

+ info

necesito un centro de día

imagen dano cerebral adquirido

Servizo de Atención Diúrna Terapéutica

É o centro de día para persoas en fase crónica ou de estabilización.Ten autorizadas 40 prazas pola Xunta de Galicia e nel proporciónase atención integral e especializada. Ten servizo de comedor e seu horario é de 9:30 a 17:30.

+ info

quero participar na vida social

imagen de sarela centro de dia

Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social

Orientado ás persoas que se atopan na fase de estabilización tras a rehabilitación. As actividades do servizo serven para continuar a mellora e/ou mantemento das súas capacidades e habilidades adquiridas ata o momento, facendo uso de recursos comunitarios e favorecendo as relacións interpersoais.

+ info

preciso volver traballar

Servizo de Orientación Laboral

O seu obxectivo é acadar a inserción laboral desde a atención individualizada e o acompañamento. Este servizo, autorizado pola Xunta de Galicia, forma e orienta á persoa na busca de emprego e traballa directamente coas empresas buscando oportunidades de emprego e as asesora na adaptación do posto de traballo e funcións a desenvolver pola persoa con DCA.

+ info

quero usar a piscina accesible

imagen dano cerebral adquirido

Servizo de Terapia Acuática

A terapia acuática é unha intervención terapéutica no proceso de rehabilitación da persoa con dano cerebral adquirido con trastornos sensitivo-motores. Sarela ten no seu centro unha piscina, accesible e climatizada, deseñada para as persoas con problemas de mobilidade e equipada cunha grúa que facilita a entrada na auga directamente desde os vestiarios.

+ info

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información