A información e o apoio ás familias cunha persoa con dano cerebral adquirido son fundamentais ao ter que afrontar unha nova realidade que chega de forma brusca e inesperada.
O DCA ten un impacto moi grande non só na persoa con DCA senón tamén en toda a familia, principalmente na persoa que asume o rol de coidadora principal, véndose repercutida a calidade de vida. É por iso que en Sarela, ademais de dar atención á persoa con DCA, poñemos o foco na atención específica á familia ofrecendo información, formación e atención psicolóxica.
A persoa con DCA como o seu familiar recibe atención individualizada en Traballo Social e Psicoloxía de cara a resolver as dúbidas iniciais tras o DCA, informar e orientar na tramitación de axudas e recursos especializados, acompañar no proceso de aceptación da nova situación etc.
Ademais da atención na nosa sede en Santiago, Sarela achégase ás familias con DCA para dar información e orientación sobre como abordar a nova situación tralo DCA a través dos Puntos de Información especializados que temos localizados en diferentes concellos de xeito gratuíto:
Localizado no que se coñece como Espazo asociativo do paciente, alí serán atendidas por unha traballadora social de Sarela e recibirán información sobre o DCA, dos recursos existentes así como das posibles adaptacións a realizar no domicilio, que complementan a información dada no hospital.
Horario de atención: todos os mércores de 15:30 a 17:30 horas.
O punto informativo do Hospital da Barbanza en Ribeira, o segundo grande hospital público da área sanitaria, dá servizo aos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son.
Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.
O novo Centro de Saúde da Estrada (Avenida Benito Vigo, 110) acolle o punto de información da comarca de Tabeirós e dá servizo ao concello da Estrada.
Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.
A colaboración do Concello de Arzúa fai posible o funcionamento deste punto de información na sede de servizos sociais (rúa Consuela Agra, 6) e atende, ademais de a Arzúa, a Touro, Boimorto, Melide, Santiso, Toques, O Pino e Frades.
Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.
O punto de información está situado no Lalín Arena (Avenida José Cuíña, 42) grazas á colaboración do Concello de Lalín. Dá servizo aos concellos de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Dozón, Rodeiro e A Golada.
Horario de atención: o último mércores de mes de 10:30 a 13:30 horas.
Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.
A colaboración do Concello de Rianxo fai posible o funcionamento deste punto de información nas dependencias municipais de Servizos Sociais Comunitarios (Estrada de Tanxil, 12). Este punto atende á poboación de Rianxo, Dodro e Lousame.
Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.
A intervención coas familias ten como obxectivo principal reducir a sobrecarga que implican os coidados dunha persoa con DCA, proporcionando información, formación así como ferramentas que axuden no día a día como familiar e persoa coidadora.
Non é menos importante a creación dunha rede de apoio con outras familias que están nunha situación similar. Para iso desenvolvemos unha serie de actividades grupais como:
Sarela considera que é de vital importancia achegar a realidade do DCA a maior parte de poboación posible xa que, gran parte dos danos cerebrais poderían evitarse tendo en conta os factores de risco e tomando medidas preventivas. Por iso realizamos charlas divulgativas sobre diferentes temas relacionados co DCA en:
Así mesmo, realizamos coordinación con profesionais e recursos sociosanitarios de cara a complementar e coordinar a atención da persoa con DCA e a súa familia.