Este servizo está prestado por Dano Cerebral Galicia co obxectivo de informar e aconsellar ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que poidan ter en relación a calquera tema derivado da situación relacionada coa irrupción da discapacidade en toda a súa complexidade de aspectos. A persoa colaboradora para a prestación do servizo é o avogado Miguel Vieito Villar.
Na web de Dano Cerebral Galicia podes acceder a toda a información deste servizo.
As accións comprendidas estrutúranse nos seguintes eixos:
1. Consultas para o exercicio de dereitos e cuestións legais relativas a:
2. Situacións de discriminación e vulneración de dereitos: primeira orientación e acompañamento ante casos de discriminación ou trato desigual que sufran as persoas con dano cerebral, por razón da súa discapacidade, as súas familias ou as entidades integrantes de FEGADACE.
3. Casos de violencia: asesoramento legal e acompañamento ante situacións de abuso ou malos tratos sufridos por persoas con dano cerebral adquirido, facendo unha especial atención á violencia de xénero.
A orientación xurídica ofrecida mediante este servizo alcanza unicamente a un primeiro consello e recomendacións de actuación á persoa que solicitaron o apoio, unha vez examinados os supostos de feito denunciados ou postos en coñecemento da entidade. FEGADACE non asume en ningún caso a asistencia xurídica directa e continua pero si poderá orientar cara recursos públicos e privados existentes que poidan prestar unha axuda máis intensa (asesorías xurídicas de organismos públicos e de entidades da discapacidade, servizos de orientación dos Colexios de Avogados, quenda de oficio, órganos xurisdicionais e oficinas do Ministerio Fiscal, órganos de supervisión e fiscalización como o Consello Nacional da Discapacidade, etc.).
Existen dúas posibilidades:
1. Prioritariamente, o acceso ao servizo realizarase a través das traballadoras sociais de Sarela de referencia das persoas con dano cerebral adquirido e a súa familia.
2. Por escrito a través da Ficha de Consultas individuais (descarga aquí ou accede ao formulario online). Para calquera das dúas modalidades, o correo de contacto é legal@fegadace.org. Unha vez recibida a consulta, FEGADACE contactará o antes posible coas persoas para recoller toda a información e documentación necesaria sobre a situación demandada, para poder dar unha resposta áxil e acorde á necesidade.
Trátase dun servizo gratuíto e confidencial, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través de diferentes fontes de financiamento así como con cargo a recursos propios de FEGADACE.