Aquí podes acceder a guías para familias e outros materias editados por distintos organismos que serven de axuda para coñecer o dano cerebral e a súa atención.
Os Cadernos Fedace (Federación Española de Daño Cerebral) son unha aposta pola divulgación do coñecemento sobre o DCA desde un enfoque multidisciplinar e cun sentido eminentemente práctico. Neles abórdanse temas sobre o día a día das persoas afectadas e familiares e desde o punto de vista de cada especialidade profesional (traballo social, psicóloxía e neuropsicoloxía, terapia ocupacional, fisioterapia, logopedia etc). Estes cadernos son produto do encontro e intercambio entre profesionais dunha mesma especialidade.
Documento elaborado por profesionais de Sarela que explica a Lei 8/2021 pola que se modifica a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. No documento respóndense ás seguintes preguntas:
- Que implica a nova lei?
- Que medidas de apoio existen?
- Cando hai que ir ó xulgado para pedir apoios?
- Cal é a situación das persoas que tiñan unha tutela ou curatela?
- Que medios ten a persoa para pedir apoios que pode necesitar no futuro?
- Que poden facer as familias se os seus/súas fillos/as necesitan apoios importantes?