Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A Xunta directiva de Sarela acordou en reunión do luns 13 de xullo, xunto coa Dirección e o Equipo técnico, a reapertura do centro de día (Servizo de atención diúrna terapéutica) para o 1 de setembro, coincidindo co reinicio tamén do servizo de transporte coa mesma empresa que o viña prestando.

O principal motivo desta decisión é a resposta recibida da maioría das familias que, dado a anuncio inicial de non autorizar a súa apertura até setembro, xa viron cubertas as súas necesidades máis básicas coa atención individual que se lles está a prestar e xa fixeron plans e organización de coidados para o mes de agosto.
Ademais destes condicionantes, debateuse e veuse a necesidade de ter en conta as seguintes circunstancias:
A Xunta directiva, Dirección e Equipo técnico de Sarela avaliou estes e outros condicionantes para a toma desta decisión pero tendo sempre como prioridade e obxectivo a seguridade das persoas usuarias, traballadoras/es e as familias de ambos. Unha vez máis, precisamos da comprensión e empatía de todas as persoas que formamos Sarela coa actual situación e coas decisións tomadas e que se teñan que tomar nun futuro, sobre todo no primeiro mes unha vez se retome a actividade.
Durante o mes de agosto o persoal de Sarela tomará os días de vacacións aos que ten dereito. Na segunda quincena de agosto, tal como fixemos até hoxe, manteremos un contacto directo con todas as familias para trasladar as novidades e concretar o regreso á actividade do centro de día.
Moitas grazas polo comprensión e apoio recibido e desfrutade deste sol ben recibido.
A Xunta directiva de Sarela