Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela continuou, no primeiro trimestre de ano, co programa Stop Fenda Dixital. Promovido por FEGADACE, está a desenvolverse nas cinco entidades galegas de dano cerebral.
O programa iniciouse en 2021 co obxectivo de formar as persoas usuarias e familias socias no uso das novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital que provoca limitacións de oportunidades e interfire no desenvolvemento das persoas.
Este ano os obradoiros, que inclúen actividades grupais e individuais, son impartidos semanalmente pola educadora social Noelia Parente e a psicóloga Julia Lodeiro.
Stop Fenda Dixital conta co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan X Solidaria na súa declaración da renda.