Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela comezou a súa andaina en novembro de 2016. Estes meses desde a súa posta en marcha implicaron un traballo intenso ao non existir ata este momento un centro deste tipo orientado ás persoas con dano cerebral adquirido que buscaban normalizar a súa vida sociolaboral. Foron meses de axustes e de dar a coñecer o servizo pero tamén de éxitos, os que representan as seis insercións acadadas entre as persoas que participaron nas súas actividades.

O traballo que Sarela realiza no SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) ten dous destinatarios: as persoas con DCA que potencialmente poden ser usuarias do mesmo e, por outro, as empresas e entidades que traballan na inserción sociolaboral. Nestes meses Sarela presentou o seu servizo a 18 empresas e entidades co obxectivo de dalo a coñecer e buscar posibles empregos para os/as usuarios/as.
Traballo individualizado.
Noelia Parente, coordinadora do SADOC de Sarela, considera que o noso obxectivo é “favorecer a inserción sociolaboral porque moitas persoas con DCA poden volver a traballar, na súa ocupación anterior ou noutra nova, e este servizo ofrece continuidade á súa rehabilitación”.
É por iso que o traballo individualizado é fundamental. A participación pode ser presencial no centro ou de orientación pero tendo como obxectivo prestar os apoios que cada persoa precise en función das súas capacidades, habilidades etc.
A presencial é unha liña de traballo máis intensa e nos días que as persoas asisten a Sarela realizan actividades en grupo en tres bloques fundamentais: axuste persoal, habilidades sociais e inserción sociolaboral. Desenvolven actividades moi variadas que poden ir desde a formación en diferentes materias ata o fomento de capacidades necesarias para a busca de emprego, como pode ser a preparación de entrevistas persoais, e para a incorporación ao traballo como é a xestión do seu horario etc.
Resultados
Nestes meses, once persoas foron usuarias deste servizo. Realizáronse seis insercións en sectores como a administración, servizos ou transporte, e unha persoa mellorou as súas condicións na empresa familiar. No traballo realizado para esas insercións houbo contacto directo e coordinación coas empresas contratantes para, por exemplo, realizar a adaptación do posto onde foi preciso e unha comunicación fluída para facer o seguimento.
Dúas persoas tamén recibiron apoio nos estudios (unha preparando oposicións e outra para obter o título da ESO) asumindo desde o SADOC a coordinación co Servizo de orientación e profesorados así como cos responsables dunha academia.