O Servizo de Información, Orientación e Apoio a familias oferta diversas actividades destinadas ás persoas coidadoras. Hai actividades que se poden facer acompañadas e outras só de forma individual e todas poden realizarse en calquera momento ata final de ano. Entre as opcións hai balneario, almorzos e merendas, masaxes, obradoiros de cociña, restauración de mobles etc.
Actividades que se poden facer acompañadas: neste caso Sarela asume o custo de máximo 2 entradas por familia.
-
Balneario: opción de elixir o balneario Compostela (Brión) ou o balneario de Cuntis. É preciso levar traxe de baño, chanclas, toalla e gorro.
-
Bocados de descanso: almorzos ou merendas para desconectar e repoñer forzas. Máximo 7 euros/persoa. Opción de elixir entre:
-
Lupe`s Coffe & Beer: Rúa Monte do Seixo, 7, Santiago de Compostela
-
Tartitis: Av. Rosalía de Castro, 3, Santiago de Compostela
Para outros concellos consultar coa asociación.
Actividades que só se poden realizar de maneira individual.
No caso de realizalas acompañado/a, Sarela asumirá o custo de 1 persoa.
-
Masaxe Quiros (Santiago de Compostela): drenaxe linfático manual nunha zona do corpo a elixir (pernas, abdome ou brazos) ou masaxe parcial para aliviar a dor (pernas ou costas)
-
Obradoiros intensivos de 1 día: pintura en tea, restauración de mobles, elaboración de xabrón e velas, etc en El taller de Marusana.
-
Masaxe acuático - Watsu (Awasan- Santiago de Compostela): actividade de relaxación mediante movementos lentos e masaxes na auga. Non é preciso saber nadar. Horario reducido os venres á mañá.
-
Talleres temáticos de cociña: entre 2 e 3 horas de duración en Hello Cooking.
-
Encontros de xantar: comidas con outras familias de Sarela. Máximo 25 euros/persoa.
As persoas coidadoras socias de Sarela que queiran participar nalgunha das actividades ou solucionar algunha dúbida só ten que contactar con Traballo social do Servizo de Inforación, Orientación e Apoio a Familias no teléfono 981.57.70.37.