Recomendacións básicas de seguridade viaria

15/07/2015

FREMAP editou unha serie de folletos con consellos para prevención.

Unha condución responsábel non implica só seguir as normas de circulación: tamén cómpre saber adaptar a velocidade do vehículo ás circunstancias da vía ou ao contorno, coñecer como actuar no caso de avarías, ou manter os dispositivos de seguridade do coche a punto.
 
A mutua FREMAP editou unha serie de folletos que, de maneira esquemática, resumida e moi visual, presentan consellos para a seguridade viaria e a condución responsábel. Trátase de nove documentos sobre condución con mal tempo, xestión do estrés ao volante, condución en cidade, a velocidade, actuación en caso de accidente, actuación en caso de avaría, o alcol, a seguridade activa e a seguridade pasiva. Poden descargarse ao final.
 
Os accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido, despois do ictus. Ademais, afectan a unha faixa de poboación máis nova. Para Sarela é unha prioridade informar e sensibilizar á poboación sobre como evitalos. Facéndoo axúdase a previr o dano cerebral.
 
pdf
  • A velocidade
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: a velocidade. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • O estrés
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: o estrés. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • O alcol
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: o alcol. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Condución con mal tempo
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: condución con mal tempo. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Condución en cidade
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: condución en cidade. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Actuación no caso de accidente
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: actuación no caso de accidente. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Actuación no caso de avaría
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: actuación no caso de avaría.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Seguridade activa
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: seguridade activa. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Seguridade pasiva
  • Recomendacións básicas de seguridade viaria: seguridade pasiva. Folleto explicativo.

  • Baixar ficheiro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información