Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Hoxe celebramos a primeira reunión coas persoas usuarias dos nosos servizos que participarán no proxecto EUTERPE_adn. Na mesma tamén estiveron representantes das familias e profesionais da asociación. Este proxecto transfronteirizo, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), unirá a diferentes entidades de Galicia e Portugal.
Onte desenvolveuse no Hospital Clínico de Santiago a reunión de inicio deste proxecto transfronteirizo de cooperación entre España e Portugal. EUTERPE_adn é unha prolongación de “Sensoxenoma”, proxecto que nos anos 2022 e 2023 organizou unha serie de concertos experimentais en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia. Os obradoiros do novo proxecto desenvolveranse en Sarela, AGADEA, en dúas residencias do Porto e na Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer.