Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela crea un club de lectura no que poden participar as familias socias da entidade e que está dinamizado por María Tilve, que é voluntaria en Sarela. No club, ademais de compartir lectura, organizan outras actividades culturais e de ocio. Reúnense dúas veces ao mes no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia da Cidade Vella.
Coa colaboración de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e do CEADAC (Centro de referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral), o Instituto Universitaria de Integración na Comunidade da Universidade de Salamanca está a desenvolver este proxecto que ten como obxectivo crear unha escala de calidade de vida das familias das persoas con DCA.
O Dano Cerebral ten un gran impacto na persoa con Dano Cerebral e tamén en toda a familia, e dentro dela na persoa que asume o rol de coidadora principal. Por iso é tan importante o traballo específico con elas e os Grupos de apoio para familias son un elemento fundamental pois neles créase un espazo propio onde compartir vivencias, dúbidas, inquedanzas, información etc.
No mes do Día do Dano Cerebral, persoas con Dano Cerebral comparten que necesidades tiveron para a súa rehabilitación especializada. Este ano, as reclamacións de FEDACE no Día nacional do Dano Cerebral van estar centradas na necesidade de que todas as persoas con Dano Cerebral poidan acceder, desde o minuto cero, a unha rehabilitación específica e especializada; independentemente da súa residencia, idade, secuelas ou capacidade económica.
No Día internacional do ioga entrevistamos a Jorge Ferro. El ten dano cerebral como consecuencia dun traumatismo cranioencefálico sufrido nun accidente de coche. Como explica na entrevista, unha vez recibe a alta no Servizo de Atención Especializada aceptou a proposta para continuar con nós facendo o que mellor sabía facer antes do accidente. Así, desde hai dous anos dirixe como voluntario a actividade de ioga organizada desde o Servizo de información a familias e que agora se realiza en modalidade online.
Quen o desexe pode inscribirse na actividade pois non existe límite de prazas. Son todos os martes ás 10:00 horas e teñen unha duración de 45 minutos aproximadamente. O monitor é o voluntario Jorge Ferro, que xa dirixía a actividade cando se facía de forma presencial.
Os días 28 e 31 deste mes coa formación para familias para falar da prevención e manexo do estrés. Diferenzas entre ansiedade e estrés, os sinais para detectalo, a relación entre este e a aparición de enfermidades, recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Estes son algúns dos contidos da sesión formativa que conducirá Julia Lodeiro (psicóloga/neuropsicóloga en Sarela). Esta actividade será online e durará unha hora.
Nos últimos meses, e como consecuencia da situación sanitaria, Sarela está a poñer en marchar iniciativas nas que as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental para a súa realización e aproveitamento polas familias como son a formación e as actividades a distancia. A enquisa busca saber a situación das familias no referente ao uso das novas tecnoloxías e buscar solucións aos problemas.