Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade e o movemento social da discapacidade, agrupado en torno ao Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e á Fundación CERMI Mujeres, facemos público un manifesto no que se incide no dereito das persoas con discapacidade a ter unha vivenda e hábitat inclusivos.
No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sumámonos ao manifesto da “Fundación Cermi Mujeres” que reivindica o dereito das mulleres e nenas con discapacidade a unha vida libre de violencias. A continuación reproducimos o manifesto que reafirma o noso compromiso coa loita contra a violencia que sofren miles de mulleres e nenas con discapacidade no noso país. Tamén está dispoñible en lectura fácil e en pictogramas.
Onte conmemorouse o Día Internacional das Persoa Coidadoras, aquelas que se encargan de apoiar e asistir a outras persoas que necesitan axuda nalgún aspecto da súa vida. Celebrámolo cunha xuntanza de familias que participaron nun obradoiro de baile e nun xantar.
A asociación celebrou o Día do DCA por primeira vez desde que cambiou o seu nome e imaxe pública. Un ano máis a andaina pola cidade histórica de Santiago foi o acto principal xunto coa lectura do manifesto do movemento asociativo de todo o Estado no se puña o acento no dereito das persoas e familias a recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez reciben a alta hospitalaria.
O programa de voluntariado de Dano Cerebral Santiago de Compostela recibirá este ano 1.384 euros da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Língua e Xuventude para o desenvolvemento do proxecto “Voluntariado e acción”. O proxecto tamén porá o acento en promover o voluntariado de persoas con dano cerebral na propia entidade pero sobre todo en recursos do entorno comunitario.
O acto principal será unha andaina aberta a toda a cidadanía que percorrerá as rúas da cidade vella desde a Alameda (saída ás 10:00 h. da estatua dedicada a Maruxa e Coralia) até a praza do Obradoiro. Alí, sobre as 12:30 h. diante da casa do Concello, persoas con dano cerebral e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir e reivindicacións do movemento asociativo.
Como cada ano as entidades federadas en Dano Cerebral Estatal, antes Fedace, redactan un manifesto conxunto no que recollen as súas demandas e inquedanzas. Este 2024, o movemento asociativo alza a súa voz para reivindicar a necesidade das persoas con DCA e as súas familias de recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez saen do hospital.
Sarela cambia o seu nome e imaxe. A partir de agora Sarela somos “Dano Cerebral Santiago de Compostela”. Seguimos a ser a mesma asociación de familias que viu a luz no ano 2000, mantendo viva a nosa misión e os nosos valores. Esta nova marca é o froito dun proceso de unificación e confluencia do movemento asociativo do dano cerebral a nivel estatal, autonómico e, no noso caso, local.