Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A asociación celebrou o Día do DCA por primeira vez desde que cambiou o seu nome e imaxe pública. Un ano máis a andaina pola cidade histórica de Santiago foi o acto principal xunto coa lectura do manifesto do movemento asociativo de todo o Estado no se puña o acento no dereito das persoas e familias a recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez reciben a alta hospitalaria.
O acto principal será unha andaina aberta a toda a cidadanía que percorrerá as rúas da cidade vella desde a Alameda (saída ás 10:00 h. da estatua dedicada a Maruxa e Coralia) até a praza do Obradoiro. Alí, sobre as 12:30 h. diante da casa do Concello, persoas con dano cerebral e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir e reivindicacións do movemento asociativo.
Como cada ano as entidades federadas en Dano Cerebral Estatal, antes Fedace, redactan un manifesto conxunto no que recollen as súas demandas e inquedanzas. Este 2024, o movemento asociativo alza a súa voz para reivindicar a necesidade das persoas con DCA e as súas familias de recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez saen do hospital.