Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
As entidades do Movemento Asociativo de Dano Cerebral unifícanse baixo un novo logo e denominación. No acto de presentación Ana Cabellos, presidenta da federación, dixo que “o camiño ata aquí fíxonos moito máis fortes”. Sarela implantarao nos próximos meses.
Onte desenvolveuse no Hospital Clínico de Santiago a reunión de inicio deste proxecto transfronteirizo de cooperación entre España e Portugal. EUTERPE_adn é unha prolongación de “Sensoxenoma”, proxecto que nos anos 2022 e 2023 organizou unha serie de concertos experimentais en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia. Os obradoiros do novo proxecto desenvolveranse en Sarela, AGADEA, en dúas residencias do Porto e na Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer.
O vindeiro 20 de xuño, Sarela e Daño Cerebral Estatal (antes FEDACE) organizan esta xornada para reflexionar e poñer en común experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Celebrarase na Cidade da Cultura entre as 9:00 e as 14:30 horas e a inscrición xa está aberta.
O 3 de maio é o Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Con motivo desa conmemoración o Comité Español de Persoa con Discapacidade (CERMI) fixo público este manifesto que pon o acento no dereito das nenas, nenos e adolescentes con discapacidade a raíz do mandato do novo artigo 49 da Constitución Española sobre atención específica ás necesidades destes menores de idade.