Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Esta mañá Dano Cerebral Santiago de Compostela recibiu a visita da alcaldesa de Santiago, Goretti San Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas. No encontro con representantes da xunta directiva da entidade e do grupo de primeira persoa, Sanmartín e Rozas coñeceron a situación actual dos servizos de atención ao DCA e os proxectos nos que está inmersa a asociación como é a ampliación da sede e a celebración do 25 aniversario.
A continuación reproducimos o manifesto do CERMI (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad) polo Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. O manifesto tamén é accesible, tendo en conta a temática deste ano, en versión de lectura realizada con intelixencia artificial por avatares con discapacidade, así como en lectura fácil e en lingua de signos española.
Este 19 de decembro, Dano Cerebral Santiago de Compostela cumpre 25 anos dedicados a axudar, apoiar e sensibilizar sobre o dano cerebral. Para celebrar este fito, preparamos unha serie de actividades e eventos especiais, nos que participarán tanto usuarios e as súas familias como profesionais, persoas voluntarias, colaboradores etc.
Con actos en Santiago, Vigo, Verín, Lugo, Ferrol, A Estrada, Silleda ou Muros, as entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X solidario no recadro 106 “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na súa declaración da renda. Persoas usuarias do servizo de SADT participaron no acto celebrado na Praza da Quintana.
Reproducimos o manifesto lido na Praza da Quintana con motivo da presentación da campaña da XSolidaria deste ano.
Na tarde do venres 28 celebráronse as asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da asociación nas que, entre outros asuntos, se elixiu nova xunta directiva e se aprobaron as contas de 2024, o orzamento para 2025 así como o IV Plan estratéxico e o plan de actuación para este ano. Luciano Fernández foi elixido novo presidente da asociación tomando o relevo de José Balboa, quen foi fundador da entidade e presidente durante 25 anos.
Esta axuda de 2.000 euros será destinada aos nenos e nenas que participan na actividade grupal de terapia acuática do Servizo de Atención Especializada. Esta foi a primeira edición desta iniciativa social da que tamén se beneficiarán outras cinco entidades: Down Compostela, Asanog, Aspanaes, Asotrame e Fundación Andrea.
No compromiso de seguir mellorando a accesibilidade dos seus contidos, a web da asociación mellorou este aspecto incorporando a ferramenta ReadSpeaker que permite ler en voz alta o contido de texto da páxina. Ao escoitar o texto comprenderemos mellor a información e poderemos escoitala en calquera lugar, en calquera momento e con calquera dispositivo (ordenador, teléfonos móbiles, tabletas etc). O usuario/a non ten que descargar nada xa que o reprodutor está integrada na páxina.