Dano Cerebral Santiago de Compostela é unha das entidades que participan no proxecto EUTERPE_ADN (www.euterpe-adn.com). Ao aproveitar o poder terapéutico da música, o proxecto ten como obxectivo mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia/Alzheimer, dano cerebral e adultos maiores.
EUTERPE_adn é un proxecto de cooperación transfronteiriza entre oito socios, catro en Galicia e catro no Norte de Portugal. Grazas á contribución da Facultade de Psicoloxía da Universidade do Minho (Portugal) abordarase o impacto da música na saúde dende unha perspectiva multidisciplinar que combina o estudo da expresión xenética e outras variables moleculares, combinado coa neuro-psicoloxía e a psico-fisioloxía.
Para iso, vanse levar a cabo talleres de música durante un curso completo, con músicos profesionais e con experiencia en atención á diversidade, da Cooperativa de Músicos ao Vivo e a Casa da Música de Oporto.
O servizo educativo da Casa da Música de Oporto e Músicos ao Vivo en Galicia levarán a cabo a intervención en 7 centros distintos. Deste xeito, ao proxecto incorpóranse entidades de recoñecido prestixio no ámbito musical e asociacións de pacientes beneficiarias das intervencións musicais:
Asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela (Sarela) AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzheimer), Asociación Alzheimer de Portugal (Delegación Norte) e a Santa Casa da Misericordia de Oporto.
29 de xuño 2025
27 de xaneiro 2025
14 de xuño 2024
https://www.danocerebralsantiagodecompostela.org/noticias/comezo-proxecto-euterpe-adn
28 de maio 2024