• Asociacion-Dano-Cerebral-Compostela-Sarela

Colaborar con nós

As persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias teñen en Sarela un recurso fundamental para a súa rehabilitación e o fomento da participación social. Pero Sarela tamén precisa axuda da sociedade e para iso hai moitas formas de colaborar con nósPodes facerte socio/a, ter unha colaboración económica puntual ou participar no noso voluntariado.

ASÓCIATE ou doa

Facer que se coñeza a realidade desta discapacidade e ampliar os recursos para a súa atención é tarefa de todos e todas. Por iso é tan importante asociarse: unha pequena cuota pode contribuír a mellorar a calidade de vida dunha persoa con dano cerebral adquirido e a súa familia.

Desgravacións fiscais polas doazóns a Sarela

Sarela está declarada, desde 2008, asociación de utilidade pública. Esta certificación constitúe ante todo un recoñecemento ao traballo que desenvolve no seu día a día, pero supón tamén unha vantaxe para todas aquelas persoas físicas e xurídicas que queiran facer aportacións. 

As doazóns por parte de persoas (sexan cotas de persoas asociadas, colaboracións puntuais etc) a ONGs como Sarela permiten desgravar ata un 80% do diñeiro achegado.

Ata 250 euros: pódese desgravar o 80% de todas as doazóns.

A partir de 250 euros:

  • Dos primeiros 250 € dedúdese o 80%.
  • Da cantidade que supera eses primeiros 250 € pódese deducir:
    • O 45%, se a doazón nos dous exercicios anteriores foi unha cantidade igual ou superior ao ano anterior.
    • O 40% no resto dos casos.

Pero debemos ter en conta o seguinte:

  • Para ter dereito á desgravación hai que realizar a Declaración da Renda.
  • Esta dedución ten un límite da base liquidable do 10%.
  • Se a doazón tamén se realizou nos 2 anos anteriores, a cantidade de desgravación pode ser maior.
  • No caso dos/as socios/as, esta será a desgravación total no caso de que sexa unha colaboración anual (12 cotas). Se se leva menos de 12 meses como socio/a, a desgravación será proporcional aos meses nos que se colabora durante ese ano fiscal.

Exemplos de casos prácticos

Se colaboras con 60 euros ao anoimagen de sarela centro de dia

Se colaboras con 150 euros ao anoimagen dano cerebral adquirido

Se colaboras con 180 euros ao anoimagen de sarela centro de dia

Se colaboras con 300 euros ao anoimagen dano cerebral adquirido

Deducións se a doazón é dunha “persoa xurídica” (empresa)

Unha empresa pode deducir por donativos a unha ONG o 40% (co límite do 15% da base impoñible) da cantidade doada na cota do Impostos de Sociedades (IS). Excedido ese límite, pódese aplicar nos vindeiros 10 exercicios.

Esta dedución é do 50% para as doazóns realizadas a unha mesma entidade (por un importe igual ou maior) os 2 anos anteriores.

Por exemplo, se doa 500 € desgravará 250 € se doou os dous anos anteriores, e 200 € se é o primeiro ou o segundo ano que colabora con Sarela.

Se colaboras con 250 euros ao anoimagen de sarela centro de dia

Se colaboras con 500 euros ao anoimagen dano cerebral adquirido

VOLUNTARIADO

Na sección específica nesta páxina dedicada ao VOLUNTARIADO tes toda a información sobre este programa.


USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información