2000
19 decembro. Constitúese Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, sendo nomeado como presidente José Balboa Ayán.
2002
Alúgase un local na rúa do Ceo, no barrio das Cancelas, e acondiciónase para a creación ese mesmo ano do Centro de Atención e Rehabilitación de Dano Cerebral Sarela.
2003
O 9 de xaneiro inaugúrase o centro da rúa do Ceo. Ese ano ponse en marcha a atención ás persoas afectadas e familiares, con tratamentos de rehabilitación e grupos de autoaxuda. (Foto: José Balboa está acompañado por José María Hernández Cochón e Mar Bernal, Conselleiro de Sanidade e Concelleira de Servizos Sociais respectivamente).
2004
Consolídanse os seguintes programas: Información, orientación e apoio a familias; Prevención e sensibilización da comunidade e Atención e rehabilitación.
Comezan actividades propias de Centro de Día tres tardes á semana.
2005
Comeza o programa de voluntariado.
2007
Marzo. A Xunta de Galicia autoriza o inicio de actividades do Centro de Día de Atención Especializada de Dano Cerebral Sarela.
24 de agosto. O Consello de Ministros declara o 26 de outubro como “Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido”, convertendo esta data nun acontecemento capaz de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención e na atención das persoas afectadas e aos seus familiares.
Decembro. Asínase un contrato de 12 prazas coa Xunta de Galicia. Iso implica ampliar horario (10 – 17:30) e comeza o servizo de comedor.
2008
19 de xuño. Sarela recebe a Declaración de utilidade pública.
2009
Acádase financiamento do Ministerio de Educación e Política Social, a través de Fedace, e da Deputación da Coruña para a construción do novo centro no barrio do Castiñeiriño.
2010
A finais de ano comeza a construción do novo.
O 2 de decembro Sarela recebe o primeiro certificado de calidade ISO 9001.
2011
18 de marzo. Celébrase o acto de colocación da primeira pedra do novo centro.
2012
O Concello de Santiago cede un piso en Fontiñas para o proxecto “Construíndo futuro”, que foi a semente do Servizo de Orientación Laboral.
2013
21 xuño. Primeira obra de teatro “Sarela TV”. As seguintes foron “Sarela en camiño” (2014), “En Sarela non hai quen viva” (2015), “Sarela e a fábrica de chocolate” (2016), Amar en tempos de Sarela (2017), “Neflis Sarela (2018)” e “Sarela 211” (2019).
2014
Segundo contrato de prazas (11 para o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) coa Xunta de Galicia que permite e obriga ao traslado ao novo centro no mes de decembro.
2015
Celébrase o XV aniversario de Sarela.
En xaneiro comeza a actividade no novo centro mentres continúan as obras para os servizos de rehabilitación, ocupacional e piscina.
2016
9 de decembro. Acto de inauguración do novo centro.
Recepción no Parlamento de Galicia no Dia do DCA.
Permiso de inicio da actividade do Centro ocupacional (SADOC).
Proxecto piloto de aloxamento temporal a familias durante a estancia dun familiar no hospital.
2017
Comeza o servizo de Terapia acuática.
Primeira camiñada en Santiago con motivo do Día DCA.
2018
Primeira edición do acto “Baixo o mesmo paraugas” con motivo do Día da Discapacidade.
2019
Novos puntos informativos na Estrada, Arzúa e Ribeira.
A Xunta adxudica 2 concursos para SADT: renovación de 11 prazas e outro de 6 novas prazas.
Creación de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social)
Calidade: a xestión de calidade ampliase e toda a entidade e obtense o Certificado ISO 9001:2015.
2020
XX aniversario de Sarela.
En febreiro Sarela recibe o XI Premio de Dereito Humanos outorgado polo Colexio de Avogados de Santiago.
En marzo decrétase o confinamento de toda a poboación para conter á COVID-19. Sarela pecha as súas portas e non as abre até o mes de xuño de forma escalonada.
2021
Foi un ano tamén marcado pola pandemia. Sarela protagonizou varias protestas para demandar a vacinación prioritaria das persoas e familias con dano cerebral.
Este ano abríronse novos puntos informativos en Lalín e Mazaricos.
2022
Celebramos o Día do Dano Cerebral percorrendo o Camiño de Santiago.
2024
Sarela cambia o seu nome e imaxe pasando a ser “Dano Cerebral Santiago de Compostela”. Esta nova marca foi o froito dun proceso de unificación e confluencia do movemento asociativo do dano cerebral a nivel estatal, autonómico e, no noso caso, local.