25 anos de retos superados

25/04/2025

Este 19 de decembro, Dano Cerebral Santiago de Compostela cumpre 25 anos dedicados a axudar, apoiar e sensibilizar sobre o dano cerebral. Para celebrar este fito, preparamos unha serie de actividades e eventos especiais, nos que participarán tanto usuarios e as súas familias como profesionais, persoas voluntarias, colaboradores etc.

Desde a nosa fundación, traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e as súas familias, promovendo a inclusión e a participación activa na comunidade. Queremos agradecer a toda a nosa base social por confiar en nós e por facer posible estes 25 anos de activismo social, apoio e crecemento conxunto.

Seguiremos traballando con ilusión e compromiso para seguir sendo un referente na atención e sensibilización sobre o dano cerebral. Grazas por acompañarnos neste camiño!

Neste vídeo diferentes persoas usuarias dos nosos servizos fan un avance do que atoparemos na celebración deste 25 aniversario.

Categorías: 25 aniversario

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información