Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Esta maña visitou a nosa sede José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, para coñecer os servizos de atención especializada en Dano Cerebral e con máis detalle o de orientación laboral que conta cunha subvención deste departamento da Xunta de Galicia.
Na visita ao centro González tivo a oportunidade de coñecer as inquedanzas e propostas das persoas usuarias destes servizos acompañado do presidente da entidade Luciano Fernández e da vicepresidente Concha Otero así como da directora Rocío García, a directora de Dano Cerebral Galicia Leticia Vila e da representante do Grupo de Primeira persoa Monte Terceiro e da orientadora laboral Noelia Parente.
A reunión mantida ao remate da visita centrouse sobre todo en analizar a situación laboral á que se enfrontan as persoas con DCA tras a lesión e as dificultades que atopan, moitas administrativas, á hora de volver a traballar.
Desde Dano Cerebral Santiago de Compostela trasladouse a necesidade de mellorar a derivación desde os servizos públicos de emprego das persoas con dano cerebral cara o único servizo de orientación laboral específico para esta discapacidade que existe en Galicia.
Outra das demandas do movemento asociativo é que os criterios de acceso á oferta de emprego público recolla o amplo abano de secuelas do dano cerebral ao non contemplar por exemplos secuelas como as cognitivas.