A web incorpora a lectura automática en voz alta do seu contido

21/03/2025

No compromiso de seguir mellorando a accesibilidade dos seus contidos, a web da asociación mellorou este aspecto incorporando a ferramenta ReadSpeaker que permite ler en voz alta o contido de texto da páxina. Ao escoitar o texto comprenderemos mellor a información e poderemos escoitala en calquera lugar, en calquera momento e con calquera dispositivo (ordenador, teléfonos móbiles, tabletas etc). O usuario/a non ten que descargar nada xa que o reprodutor está integrada na páxina.

Como empregar o lector de texto automático

Agora na parte superior de cada texto aparece un botón no que existen dúas funcións: a de comezar a reprodución da lectura e o menú para configurar as nosas preferencias desta ferramenta.

Só hai que facer clic no botón “Escoitar” para comezar a reprodución do contido. Nese momento aparece un reprodutor de audio no que podemos, entre outras cousas:

  • Interromper e retomar a lectura
  • Deter a lectura
  • Empregar os botóns de saltar para facer retroceder ou avanzar.
  • Axustar o volume
  • Axustar a velocidade de lectura
  • Pechar o reprodutor.

Ademais de ler todo o texto da páxina tamén é posible ler unha parte que seleccionemos previamente. Nese caso tamén poderemos buscar unha páxina no dicionario ou traducila.

Empregar as funcións do menú


Temos que clic no botón de menú á esquerda do botón "Escoitar" para abrir o menú. O menú inclúe moitas funcións útiles en apartados específicos.

  • Reprodutor emerxente: mentres se le en voz alta o texto, verá un reprodutor emerxente que se atopa na parte inferior dereita da pantalla.
  • Navegación co teclado: o usuario pode empregar combinacións de teclas de teclado (denominadas teclas de acceso) para activar a meirande parte das funcións. Cada función dispón dunha combinación de teclas de acceso específica, que o usuario pode modificar na fiestra emerxente de Preferencias.
  • Preferencias: permite personalizar o lector segundo as nosas preferencias que quedarán gardadas despois de cada sesión. Neste apartado podemos configurar o efecto resaltado do texto, a cor das palabras, frases e texto para facer o seguimento da lectura, o  menú emerxente, etc.
  • Outras funcións interesantes son “fai clic na escoita”, que permite comezar a lectura no punto que marquemos, “ampliar texto” (aparece o texto lido en maior tamaño), “modo texto” (abre unha fiestra emerxente só co texto eliminando as imaxes), “descargar mp3” (crea un arquivo de audio descargable) etc.

Todas estas funcións e máis están explicadas na “axuda” do menú.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información