Dano Cerebral Santiago de Compostela asina un acordo con Bera Óptica para ofrecer descontos en óptica e audioloxía para as persoas socias da entidade

31/03/2026

A semana pasada tivo lugar a sinatura do acordo de colaboración entre Dano Cerebral Santiago de Compostela e Bera óptica que permitirá acceder a descontos en servizos de óptica e audioloxía ás persoas socias da entidade.

Co compromiso de seguir traballando para mellorar a calidade de vidas das persoas usuarias e familias, Dano Cerebral Santiago de Compostela ven de establecer un acordo de colaboración con Bera Óptica que permitirá acceder a descontos en servizos de óptica e audioloxía.

Grazas a este convenio, as persoas socias, usuarias e familias poderán acceder a descontos especiais en produtos e servizos de óptica e audioloxía, facilitando así o acceso a coidados visuais e auditivos a prezos máis accesibles.

Este acordo, nace coa vontade de colaboración e apoio mutuo, sempre pensando en ofrecer recursos útiles e mellorar a calidade de vida das persoas. Unha forma de agradecer ás máis de 900 persoas socias da entidade o seu apoio durante todo este tempo.

Que vantaxes ten?

A partir de agora, se mercas en Bera Óptica (Rúa Alfredo Brañas nº 2, baixo, Santiago), poderás beneficiarte de:

  • 30% de desconto en monturas
  • 20% de desconto en lentes
  • 25% de desconto en audífonos

Importante: estes descontos non se aplican a produtos que xa estean en promoción ou teñan prezo pechado.

Desde Dano Cerebral Santiago de Compostela queremos agradecer a Bera Óptica a súa colaboración e implicación.

Animámosvos a aproveitar estes descontos na vosa próxima visita á óptica. Se aínda non estas entre as persoas socias da entidade podes facerte socia dun xeito sinxelo a través desta ligazón.


USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información