Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A asemblea de persoas socias, celebrada o venres 24, tamén ratificou o Plan Estratéxico de Sarela para 2023 e 2024 así como as memorias de actividades e económicas do ano pasado. Toda a documentación xa está dispoñible na sección de transparencia da web.
A asemblea celebrouse na sede da asociación e como puntos principais da orde de día a aprobación das contas auditadas do exercicio anterior, a aprobación do presuposto do presente exercicio, a aprobación da Memoria de actividades do exercicio anterior, a aprobación do plan de actuación anual e a ratificación do Plan Estratéxico 2023/2024.
Na sección de transparencia desta páxina pódese consultar a documentación completa aprobada en asemblea así como o texto do plan estratéxico, o documento marco de traballo de Sarela para os anos 2023 e 2024.
A Memoria de actividades inclúe información detallada sobre as aspectos organizativos, económicos e de prestacións dos servizos da entidade, así como información da súa actividade institucional. Quen o desexe pode saber cal foi a orixe e destino do orzamento en 2022, o balance do traballo desenvolvido coas persoas e familias usuarias dos servizos e o seu grao de satisfacción, cal foi o persoal de Sarela o ano pasado, as noticias ou actividades máis destacadas cada mes, o traballo realizado en torno as federacións galega e española do dano cerebral, entre outros contidos.
Na documentación económica Sarela transparenta as contas de 2022 co seu informe de auditoría e a conta de resultados á vez que adianta o orzamento para 2023.