Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O venres 3 de decembro 87 entidades entidades sociais de toda Galicia conmemoran un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade” para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.
Como sucedeu o ano pasado a situación creada pola Covid-19 impedirá desenvolver os actos públicos que se desenvolvían nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo pero as entidades propoñentes a toda a cidadanía unha acción conxunta nas redes sociais que consiste en:
1. O día 3 subir unha foto cun paraugas e unha mensaxe positiva cos hashtag #ParaugasPolaDise e #BaixoOMesmoParaugas
2. Etiquetar aos teus amigos a retolos a facer o mesmo
3. Etiquetar a @galiciadiversa
As asociacións convocadoras representan en conxunto unha base social de máis de 40.000 persoas entre persoas con discapacidade, familias, socios/as, voluntarios/as e profesionais.
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (mediante a resolución 42/7) e o seu obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o seu desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. En definitiva, para concienciar sobre a complexidade dos problemas da discapacidade e os desafíos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade en todo o mundo.
Na comarca de Compostela esta iniciativa cooperativa está impulsada por Acem (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple), Down Compostela , Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple), Amipa (Asociación de País e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectural da comarca do Sar) e Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) .