Dano Cerebral Santiago de Compostela participa un ano máis na campaña “12 Comercios, 12 sensibilidades” grazas á Libraría Couceiro.

30/04/2026

Durante o mes de abril tiveron lugar diversas actividades que permitiron compartir experiencias e visibilizar o labor da nosa entidade así como xerar alianzas co comercio local grazas a campaña “12 comercios, 12 sensibilizades” impulsada polo Concello de Santiago.

Este ano, dentro da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” promovida polo Concello de Santiago , a Libraría Couceiro escolleu a Dano Cerebral Santiago para dar visibilidade ao noso labor.

A principios de abril tivo lugar a rolda de prensa de presentación, onde se deron a coñecer todas as actividades que tiveron lugar ao logo do mes:

  • 10 de abril: Taller de encadernación tradicional, da man de María da Libraría Couceiro, dirixido a persoas con dano cerebral.
  • 17 de abril: Xornada Interxeracional “Obradoiro de chaveiros”: as persoas usuarias da entidade ensinaron á rapazada do CEIP López Ferreiro a elaborar o noso produto estrela da tenda solidaria.
  • 22 de abril: Presentación do libro “Come a lavadora dunha vez!”, creado por Rosa Aneiros e Hadrina Jamardo.

Ademais todas as persoas que se achegaran durante este mes pola libraría para mercar un libro, podían visitar a exposición fotográfica “Máis cerca do que pensas” de Ramón M. Novoa e mercar un dos produtos da nosa tenda solidaria.

Grazas a Libraría Couceiro por darnos a oportunidade de visibilizar o dano cerebral adquirido e o Concello de Santiago por iniciativas que humanizan e achegan a diferentes sectores da cidade.


USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información