Celebración do Día do Dano Cerebral coa reclamación dunha mellor atención ás persoas e familias no momento en que saen do hospital

28/10/2024

A asociación celebrou o Día do DCA por primeira vez desde que cambiou o seu nome e imaxe pública. Un ano máis a andaina pola cidade histórica de Santiago foi o acto principal xunto coa lectura do manifesto do movemento asociativo de todo o Estado no se puña o acento no dereito das persoas e familias a recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez reciben a alta hospitalaria.

Na andaina participaron unhas duascentas persoas entre socias/os, familiares, amigos, colaboradoras/es etc da asociación e tamén por representantes de todos os grupos da corporación de Santiago de Compostela. Álex, Marta, Juan, Enrique e Montse, que forman parte do grupo de primeira persoa da asociación, e Lino, vogal da xunta directiva, foron os encargados de levar a pancarta co lema do movemento asociativo do Dano Cerebral “Unha vida salvada merece ser vivida con dignidade”.

Na Praza do Obradoiro, Jesús, Ana, Iris e Alejandro, leron o manifesto que este ano reivindica a necesidade das persoas con DCA e as súas familias de recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez saen do hospital.

 

Categorías: Día do Dano Cerebral

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información