Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Onte conmemorouse o Día Internacional das Persoa Coidadoras, aquelas que se encargan de apoiar e asistir a outras persoas que necesitan axuda nalgún aspecto da súa vida. Celebrámolo cunha xuntanza de familias que participaron nun obradoiro de baile e nun xantar.
As persoas coidadoras son as que atenden habitualmente, e de xeito non profesional, os coidados dunha persoa en situación de dependencia. Dano Cerebral Santiago de Compostela pon o foco na necesidade do seu autocoidado, con estratexias para evitar a sobrecarga, e nos seus dereitos.
O seu perfil di que maioritariamente son mulleres (oito de cada dez), conviventes, familiares directas, responsabilízanse das tarefas domésticas e non teñen un emprego remunerado. Segundo Dano Cerebral Estatal os aspectos que se ven máis afectados son:
Asumir esta responsabilidade pode ocasionar unha gran sobrecarga, con síntomas como por exemplo falta de enerxía, insomnio, dor de cabeza, cambios de humor, problemas gastrointestinais , ansiedade, estrés etc.
Para previr esta sobrecarga hai estratexias que consisten en aprender a relaxarse; facer exercicio físico, alimentarse de forma saudable, dedicar tempo unha/un mesma/o , manter e fomentar relacións sociais ou coidar o sono e descanso, entre outras recomendacións.
Relacionado co anterior, hai que incidir nos dereitos das persoas coidadoras a coidarse, manter facetas da súa propia vida, experimentar sentimentos negativos sen culpabilidade, resolver por elas mesmas aquelo do que sexan capaces e a preguntar e pedir axuda se o precisan, ser tratadas con respecto, cometer erros e ser desculpadas por elo, ser recoñecidas como persoas valiosas e fundamentais, quererse e admitir que fan o humanamente posible, aprender e a dispoñer do tempo necesario para facelo, e dicir “non”.

