Convenio co Concello de Lalín para a posta en marcha do punto de información especializado

20/09/2021

Este punto de información funcionará o último mércores de cada mes de 10:30 a 13:30 nun local cedido polo Concello no Lalín Arena. Sarela tamén realizará actividades de sensibilización e información dirixida á poboación xeral e tamén en centros educativos.

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o presidente de Sarela, José Balboa, acompañado da tenente alcalde e concelleira de Política Social, Paz Pérez, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun punto de información sobre dano cerebral adquirido e polo que o Concello cédelle o uso dun local municipal no Lalín Arena a Sarela no que funcionará o punto de información, asesoramento e espazo formativo. Desde o Concello tamén se ofrecerá colaboración do persoal técnico municipal a Sarela no desenvolvemento dos programas en caso de estimarse necesario.

 

O servizo comezará o 22 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 o último mércores de mes. Tamén desde o Concello se lle ofrecerá colaboración do persoal técnico municipal a Sarela no desenvolvemento dos programas en caso de estimarse necesario. Este punto de información en Lalín, como cabeceira de comarca, permitirá tamén cubrir ao resto de concello limítrofes en caso de estimarse procedente, para o que será preciso previamente asinar un convenio de colaboración con outras entidades locais.

 

Ao abeiro deste acordo sen contraprestación económica por ambas partes, Sarela realizará actividades de sensibilización con escolares dentro do seu ámbito de actuación para fomentar unha educación inclusiva. Neste sentido é de destacar que o ámbito escolar é xunto ao familiar o primeiro espazo de aprendizaxe e crecemento social dos nenos e nenas. Por iso é importante achegar propostas educativas neste sentido e así Sarela desenvolverá actividades de sensibilización a fin de concienciar a poboación, en especial, aos/ás menores de Primaria e Secundaria coa finalidade de achegar propostas educativas que contribúan ao desenvolvemento do ser humano desde o fomento de valores como a empatía, a solidariedade, a tolerancia ou a aceptación de diferenzas individuais.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información