Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o desenvolvemento de actividades de autocoidado de familiares e profesionais

22/09/2026

Grazas o convenio asinado entre o Concello de Santiago e a nosa entidade desenvolveuse, durante este ano, un programa de actividades de autocoidado dirixidas a persoas coidadoras e profesionais de Dano Cerebral Santiago de Compostela.

Coidar a unha persoa en situación de dependencia demanda unha gran dedicación e implica unha sobrecarga emocional e física que afecta ó estado de saúde e calidade de vida da persoa que coida. Por outra banda, o esgotamento tamén é un problema entre as profesións de atención a persoas vulnerables polo que non se debe esquecer a necesidade do seu coidado.

Grazas ao convenio asinado entre o Concello de Santaigo e a nosa entidade, mediante o que se outorgou unha subvención nominativa de 8.000 €, foi posible desenvolver un programa de actividades de autocoidado dirixidas a persoas coidadoras e profesionais de Dano Cerebral Santiago de Compostela.

Estas actividades concíbense como espazos de desconexión, benestar e intercambio, favorecendo tanto o coidado das persoas coidadoras e do equipo profesional como a creación de espazos de encontro entre as familias.

As actividades deste ano incluían masaxes, actividades acuáticas de relaxación e outras máis creativas como pintar cerámica Ademáis doutras actividades vencelladas o coidado persoal e estética para familias. 

Os obxectivos son fomentar os coidados tanto de familias de persoas con DCA como de profesionais implicados na atención ó DCA, prover espazos e tempo de autocoidado e ocio nun ámbito de seguridade emocional; reducir a sobrecarga das persoas coidadoras; mellorar a súa saúde emocional ; favorecer a creación dunha rede de apoio entre as persoas coidadoras; evitar o illamento e implementar accións que favorezan o coidado como profesionais e como equipo.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información