Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o financiamento do servizo de terapia acuática e física

03/08/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de Sarela, José Balboa, asinaron o 2 de agosto o convenio de colaboración que, cunha contía de 3.000 euros, subvencionará a actividade de terapia acuática e física do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de Sarela, José Balboa, asinaron o 2 de agosto o convenio de colaboración que, cunha contía de 3.000 euros, subvencionará a actividade de terapia acuática e física do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica. Na sinatura tamén estivo presente a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro. O programa subvencionado ten como obxectivo mellorar as estratexias de equilibrio e desequilibrio durante a marcha ou tarefas funcionais, aproveitando as propiedades que ofrece o medio acuático, en sala e, na medida do posible, en saídas ao exterior.

O convenio asinado dá continuidade á colaboración que Sarela e Concello de Santiago manteñen desde a súa fundación e que se traduce por exemplo na colaboración á hora de realizar outras actividades de sensibilización sobre o dano cerebral (charlas, conmemoración do día do dca etc). Sarela agradece o compromiso do Concello de Santiago co colectivo de persoas e familias con dano cerebral adquirido e que tivo un fito fundamental na cesión a longo prazo dunha parcela municipal para construír a actual sede da entidade no barrio do Castiñeiriño.



 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información