Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o desenvolvemento de actividades de autocoidado de familiares e profesionais

30/06/2025

O Concello de Santiago aprobou na xunta de goberno local de 30 de xuño, outorgar á nosa entidade unha subvención nominativa para o desenvolvemento do programa de actividades de autocoidado dirixidas a persoas coidadoras e actividades de autocoidado para profesionais de Sarela. Esta axuda ten unha contía de 8.000 euros, o que supón un incremento de 3.000 euros respecto ao ano pasado.

Coidar a unha persoa en situación de dependencia demanda unha gran dedicación e implica unha sobrecarga emocional e física que afecta ó estado de saúde e calidade de vida da persoa que coida. Por outra banda, o esgotamento tamén é un problema entre as profesións de atención a persoas vulnerables polo que non se debe esquecer a necesidade do seu coidado.

En base ao convenio asinado co Concello de Santiago desenvolveranse actividades de autocoidado dirixidas a persoas coidadoras e profesionais de Sarela, pensadas como espazos de desconexión e intercambio entre o equipo profesional da entidade.

Inclúense actividades acuáticas polos beneficios relaxantes que a auga aporta (relaxación muscular, redución do estrés...) ademais doutro tipo de actividades (masaxes, obradoiros, saidas etc) de cara a dar cobertura ás persoas que non lles gusta ou non poden, por diferentes motivos, realizar actividades na auga.

Os obxectivos son fomentar os coidados tanto de familias de persoas con DCA como de profesionais implicados na atención ó DCA, prover espazos e tempo de autocoidado e ocio nun ámbito de seguridade emocional; reducir a sobrecarga das persoas coidadoras; mellorar a saúde emocional das persoas coidadoras; favorecer a creación dunha rede de apoio entre as persoas coidadoras; evitar o illamento das persoas coidadoras e implementar accións que favorezan o coidado como profesionais e como equipo.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información