Convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade para o financiamento da ampliación do noso centro

11/10/2025

Esta mañá a conselleira Fabiola García e o presidente da asociación, Luciano Fernández, asinaron un convenio por valor de 300.000 euros para as obras da nova fase da nosa sede. Deste xeito, a Xunta de Galicia aportará un un total de 550.000 euros para este fin ao sumar outros 250.000 euros procedentes da convocatoria do IRPF.

A sinatura deste novo convenio foi asinado nas dependencias do servizo de atención diúrna terapéutica e no acto tamén estivo presente a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña García Abeijón, a vogal da xunta directiva Chon Iglesias e a directora da asociación Rocío García. Tras a sintura do convenio, Fabiola García e Begoña García tiveron a oportunidade de ver o estado actual das obras.

A ampliación da sede da asociación comezou a finais de 2024 e levántase nunha parcela de 305 metros cadrados cedida polo Concello de Santiago. O novo edificio estará conectado co actual, inaugurado en 2016, e a súa construción obedece ás novas necesidades dos distintos servizos especializados prestados na actualidade. 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información