Co inicio de curso volve o proxecto “Dano Cerebral no colexio” de FEDACE

25/09/2023

No curso anterior este proxecto permitiu traballar con 18 nenos e nenas de 16 centros educativos. Durante o curso tamén se realiza un traballo continuo de coordinación con titores/as, orientadores/as, profesores/as, xefes/as de estudio etc. Os pais e nais tamén participan no proxecto, recibindo o apoio necesario e as estratexias que favorezan a intervención co neno/a.

O Dano Cerebral infantil é unha das principais causas de interrupción normal do desenvolvemento dun menor. Estes menores seguen sendo nenos que han de crecer, xogar, relacionarse e levar unha vida normalizada de acordo ás capacidades de cada un; pero o descoñecemento xera moitas veces incomprensión, rexeitamento e, polo tanto, discriminación.

Cando se intervén con menores con DCA é esencial ter en conta unha das súas ocupacións fundamentais como é a escola. O proxecto “Dano Cerebral no colexio” de FEDACE, e no que Sarela participa, busca sensibilizar e poñer en común cos profesionais educativos as necesidades e obxectivos de intervención de cada neno/a para levar ao entorno real as aprendizaxes e avances nas terapias especializadas.

Este proxecto terá continuidade no curso que ven de comezar e que no curso 2022-23 permitiu traballar con 18 nenos/as de 16 centros educativos. Houbo 24 coordinacións nos centros de ensino con titores/as, orientadores/as, profesores/as, xefes/as de estudio etc para facer o acompañamento e achegar toda a información que se precisa. Para conseguir os obxectivos do programa son necesarias intervención en apoio psicolóxico a familias, sesión de terapia ocupacional, logopedia, fisioterapia, logopedia e asesoramento en traballo social.

Outro dos aspectos que se busca co proxecto é sensibilizar a todo o entorno dos nenos e nenas con DCA a través de charlas nas que participa o alumnado deses centros. O curso pasado Sarela organizou 9 charlas nas que participaron 144 escolares.

Xunto con Sarela tamén participan en “DCA no colexio” ADACCA (Cádiz), DACE Sevilla, ADACEA Jaén, AGREDACE (Granada) e ADACEA Alicante, todas entidades federadas en FEDACE. A previsión da federación estatal é que este ano sexan atendidos 59 menores con DCA.

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información