Celebra con nós o Día do Dano Cerebral sumándote á andaina solidaria e á lectura do manifesto

23/10/2024

O acto principal será unha andaina aberta a toda a cidadanía que percorrerá as rúas da cidade vella desde a Alameda (saída ás 10:00 h. da estatua dedicada a Maruxa e Coralia) até a praza do Obradoiro. Alí, sobre as 12:30 h. diante da casa do Concello, persoas con dano cerebral e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir e reivindicacións do movemento asociativo.

O Día do Dano Cerebral Adquirido celébrase desde 2007, ano no que o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de persoas con DCA. Desde entón, este día converteuse nun espazo de reivindicación das inquedanzas e necesidades de atención das persoas con DCA e súas familias.

Como vén sendo habitual nos últimos, o acto principal de Dano Cerebral Santiago de Compostela será a camiñada que se desenvolve nas rúas da zona histórica de Santiago. Este ano a saída adiántase ás 10:00 da mañá (con punto de encontra na estatua dedicada a Maruxa e Coralia) porque antes de facer a lectura do manifesto haberá un tempo de encontro de todas as persoas participantes arredor dun café no claustro de Fonseca. Desde alí sairase cara o  Obradoiro, onde ás 12:30 farase lectura do manifesto de Dano Cerebral Estatal.

 

Outras actividades

Ademais dese acto central, ao longo da semana e na seguinte haberá as seguintes actividades:

Charla en Noia o martes 22 sobre o dano cerebral e dirixida á poboación xeral.
16:30 h. no Espazo Xove de Noia (rúa de Pedra Sartaña).
Está organizada conxuntamente coa  Unidade de Saúde Mental de Noia.

Charla na Estrada o xoves 24 sobre o dano cerebral e dirixida á poboación xeral.
18:30 h. no MOME (Museo do Moble e da Madeira - Avda. Benito Vigo, 92

 

Día Mundial do Ictus

O martes 29 de outubro conmemórase o Día Mundial do ICTUS. Esta enfermidade hoxe é a primeira causa de Dano Cerebral Adquirido en España. Máis do 80% dos casos de DCA son debidos a un ictus, moi por diante doutras causas como os traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc.

Dano Cerebral Santiago de Compostela celebrará do Día do ICTUS con presenza nos hospitais e nalgúns centros de saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza. Concretamente instalaremos puntos de información nos seguintes centros sanitarios:

- Complexo Hospitalaria Universitario de Santiago: 10:30 e as 13:00
- Hospital da Barbanza (Ribeira): 10:00 e as 13:00
- Centro de saúde da Estrada: 10:00 e as 13:00
- Centro de saúde de Lalín: 10:00 e as 13:00
- Centro de saúde de Arzúa: 10:00 e as 13:00
- Centro de saúde de Mazaricos: 10:00 e as 13:00
- Centro de saúde de Rianxo: 10:00 e as 13:00

Estas mesas informativas serán atendidas por profesionais e persoas socias da entidade. Durante esa mañá informarase sobre aspectos como identificar correctamente cando está a suceder un ictus para reaccionar a tempo; pautas de vida saudable ou dos pasos a seguir en caso de que o ictus derive nun dano cerebral.

Categorías: Día do Dano Cerebral

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información