Foliada para abrir a celebración do 25 aniversario de Dano Cerebral Santiago

07/07/2025

O sábado pasado as familias, colaboradores/as, persoas voluntarias, profesionais e representantes doutras entidades galegas do DCA celebramos con gran éxito a foliada coa que abrimos as celebración do noso 25 aniversario.

O campo da festa do Castiñeiriño, o noso barrio, foi o lugar elixido para desde as 12 do mediodía pasar un día de festa. As actividades comezaron cunha zona de xogos para nenos/as e persoas adultas na que contamos coa colaboración desinteresada da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela.

Á mesma hora comezou a foliada cos grupos de música das asociacións culturais  Agrupación Folclórica de Brión e da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Boqueixón.

Antes do xantar o presidente da asociación, Luciano Fernández, agradeceu a todas as familias a súa participación así como a todas as persoas, institucións, entidades culturais e empresas que colaboraron na foliada. Estas empresas foron as que cederon os produtos para a nosa tenda solidaria e para o sorteo de agasallos.

Na tenda solidaria, ademais de vender os produtos que se fan nos nosos servizos, tamén se venderon produto de Queixería Pazo Anzuxao, Queixería Barral, Adegas Gran Bazán e Tartas La Abuela. Na foliada tamén se presentaron as novas camisetas da asociación e que foron deseñadas por Ramón Novoa, da empresa Ripariam, dentro dun proxecto conxunto con Trisquel Artesanía que desenvolveremos no mes de decembro.

O xantar foi servido pola Polbeira Porta e o remate o puxo a música do Dj Bluemouse.

Categorías: 25 aniversario

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información