Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O próximo sábado 5 de xullo todas as persoas que o desexen poderán celebrar con nós 25 Anos de retos superados na foliada que organizamos no campo da festa do Castiñeiriño. Un xantar a base de polbo, churrasco, empanada e máis, música e xogos serán as actividades que estamos a preparar.
A festa comezará ás 12:00 da mañá cos xogos para persoas adultas e nenos e nenas e para os que contamos coa colaboración da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela. Ao mesmo tempo, e ata a hora do xantar actuarán as formacións da Agrupación Folclórica de Brión e da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Boqueixón.
O xantar comezará ás 14:00 servido pola Polbeira Porta e constará de entrantes e empanada, polbo, churrasco mixto con patacas e ensalada, sobremesa con "larpeira", bebidas (viño, auga e refrescos), café e chopo.
Para as persoas con problemas de deglutición darase a Posibilidade de adaptación da alimentación.
Os prezos son de 35 euros (15 € para nenos/as de 4 a 12 anos) e pódese reservar e pagar das seguintes maneiras:
Directamente na nosa web: escaneando o QR ou no enlace https://www.danocerebralsantiagodecompostela.org/campanas-colaboracion/foliada-25-aniversario. Aquí poderás pagar por Bizum, tarxeta ou transferencia.
Na nosa sede ou no 981.577.037: paga en persoa ou por transferencia á conta ES72 2080 5355 6130 4005 3065
Despois do xantar e ata ás 18:00 horas haberá música co DJ Bluemouse.
Na foliada tamén colaboran o Concello de Santiago, Queixería Pazo Anzuxao, Queixería Barral, Adegas Gran Bazán e Tarlas La Abuela.