Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Na tardiña do venres 14 de xuño vivimos un deses grandes momentos de Sarela. A sala Mozart do Auditorio encheuse de público e sobre todo da ilusión dos actores e actrices do noso centro, voluntarios, familiares e profesionais que deron vida á Fábrica de chocolates Sarela.
Foi o remate ideal para meses de traballo e a unhas últimas semanas duns ensaios moi intensos e non exentos de dificultades. Ao final da tarde pasaron polo escenario 54 persoas para darlle vida a unha historia que sobre todo gozaron as persoas usuarias do centro Sarela pois neles caeu case todo o peso da representación. Desde Sarela agradecemos o apoio e colaboración de todas as persoas e institucións que fixeron posible “Sarela e a Fábrica de chocolate”.
A continuación fixemos unha pequena escolma das imaxes que deixou a representación.