Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
“Somos inclusión” un é catálogo web de propostas artísticas que desenvolven entidades galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades. O grupo de teatro de Sarela forma parte dos 33 proxectos iniciais que engloba o teatro, a música, a danza, as artes plásticas ou visuais e moitas outras.
“Somos inclusión” (www.somosinclusion.gal) un é catálogo web de propostas artísticas que desenvolven entidades galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades. O grupo de teatro de Sarela forma parte dos 33 proxectos iniciais que engloba o teatro, a música, a danza, as artes plásticas ou visuais e moitas outras. Este é catálogo dixital que seguirá medrando é de acceso libre e nace da man de Artefeito S. Coop. Galega, coa colaboración do departamento de cultura da Deputación da Coruña
Grupo de Teatro de Sarela
A actividade de teatro é unha das que o colectivo de persoas que forma Sarela se sente máis orgulloso. O Grupo de Teatro de Sarela botou a andar no ano 2013 a partir dun obradoiro de teatro que, nun principio, era unha actividade interna da asociación para as persoas con dano cerebral usuarias dos seus servizos. A implicación e motivación destas persoas fixo que, por iniciativa dunha persoa voluntaria e das profesionais que o coordinaban, Sarela se propuxera levar ese traballo aos escenarios.
O 21 de xuño de 2013 estrouse a súa primeira obra, Sarela Televisión. Seguíronlles Sarela en camiño (2014), En Sarela non hai quen viva (2015), Sarela e a fábrica de chocolate (2016), Amar en tempos de Sarela (2017), Neflis Sarela (2018) e Sarela 211 (2019). A obra de 2020, coincidindo co 20 aniversario da entidade, quedou en suspenso debido á pandemia da Covid-19.
O grupo de teatro está formado por persoas con dano cerebral pero nas representacións de cada ano tamén participan familiares, persoas voluntarias e profesionais. A preparación de todos os elementos da mesma, desde o textos até o vestiario, escenografía e material audiovisual é creado en Sarela. A elección da temática, sempre en clave de humor, e o desenvolvemento das tramas faise de forma colectiva e, aplicando o principio de autodeterminación, a participación das persoas usuarias é sempre voluntaria.