Ioga solidario para celebrar o 25 aniversario

04/06/2025

Prepara roupa cómoda e esterilla! O sábado 14 organizamos no parque do Restollal unha sesión de ioga solidario con motivo do noso 25 aniversario Nesta actividade contamos coa colaboración de Zona-Zen de Bertamiráns. A continuación explicámosche como facer a inscrición e cal é a localización exacta.

A actividade será conducida por Carmen Martínez, profesora de ioga de Zona Zen de Bertamiráns e a localización exacta no parque do Restollal, á beira do río, é esta: https://maps.app.goo.gl/krj3ASr61azrLfah6Pódese tomar como referencia a zona delimitada para o paseo de cans na parte baixa do parque. Recoméndase asisir con roupa cómoda e con esterilla.

A forma máis sinxela de facer a inscrición e pagar o donativo de 10 euros e a través do seguinte formulario (https://forms.gle/6t4mX3hkEMsnC2Dm7) pero se o prefires podes chamar ao 981 577 037.

Xunto cos datos de inscripción, terás a opción de sinalar si ves acompañado/a de cativos de entre 3 e 11 anos, para os cales teremos unha actividade de conciliación no mesmo lugar e durante o tempo da actividade de ioga.

Podes realizar a doazón de 10 euros a través de Bizum introducindo o código12116. Debemos ter en conta que o funcionamento da aplicación de cada entidade bancaria é diferente. Nunhas este código debe ser escrito no campo reservado para o número de teléfono e noutras haberá que buscar a entidade/campaña nunha lista.

A doazón tamén se pode realizar a través de transferencia poñendo no concepto "Ioga no parque" e o teu nome. O número de conta é o ES72 2080 5355 6130 4005 3065.

Categorías: 25 aniversario

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información