Celebramos o Día Mundial das Persoas con Discapacidade

03/12/2021

Hoxe, 3 de decembro, preto de 90 entidades sociais galegas unímons baixo o mesmo paraugas para celebrar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. As persoas usuarias dos nosos servizos participaron na súa difusión e achegando ideas para o manifesto que o conxunto de entidades elaboramos e que podes ler a continuación.

MANIFESTO “BAIXO O MESMO PARAUGAS” - 3 DE DECEMBRO DE 2021

 

Hoxe, 3 de decembro, reunímonos un ano máis para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade na iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”.

 

Xa pasaron seis anos desde que varias entidades de A Coruña se uniron para celebrar esta data de maneira conxunta. Agora este gran paraugas chega a todas as provincias galegas e une a milleiros de persoas e preto de 90 entidades sociais de toda a comunidade.

 

Como cada ano, sacamos os nosos paraugas ás rúas para esixir a igualdade, en dereitos e oportunidades, para todas as persoas.

 

Porque na diversidade está a riqueza, e desexamos comprensión e apoio para poder vivir e elixir como facelo.

 

Aínda existen moitas barreiras para acadar esa desexada igualdade. Demandamos unha atención sanitaria competente, adaptada ás nosas necesidades. Solicitamos un sistema laboral que nos teña presentes, con programas de emprego para as persoas con discapacidade.

 

Desexamos unha accesibilidade universal, física e cognitiva. Que a sociedade comprende que ás veces lévanos máis tempo facer as nosas tarefas, pero é un dereito favorecer unha inclusión real. Temos grandes fortalezas e habilidades e os nosos desexos son iguais aos do resto de persoas.

 

Queremos un mundo que non discrimine. Unha sociedade que respecte a diversidade e que se fixe nas capacidade, porque o noso talento é máis grande que a nosa discapacidade.

 

Todos somos diversos. Gustaríanos que non nos fixera falta ningunha axuda, pero o mundo aínda nos parece pouco accesible e difícil de entender.

 

A pandemia provocou un gran illamento do noso colectivo, e reclamamos máis recursos económicos para combatelo. Tamén un compromiso firme e estable de todas as administracións para participar na sociedade con igualdade de oportunidades.

 

Desexamos ser felices, ter unha educación que nos atende e nos entenda, ter apios para unha vida independente. Queremos que conten coa nosa opinión e que respeten o noso dereito a ter unha parella ou formar unha familia.

 

Que non nos traten como nenos se somos adultos, que se dirixan a nós cando nos falen, que as persoas con discapacidade teñamos os mesmos recursos nas cidades e no rural.

 

Queremos que ningún de nós perda as ganas de rir e de disfrutar da vida.

 

Esiximos máis investigación e atención á saúde mental e que exista unha

estratexia nacional para cada tipo de discapacidade.

 

Os nosos desexos non son distintos aos do resto da sociedade. Formamos parte dela.

 

Esta pandemia non pode traer consigo unha crise de dereitos e queremos contar con toda a cidadanía para acadar un mundo sen discriminacións.

 

Os paraugas que hoxe abrimos son a nosa seña de identidade, e seguiremos abríndoos ano tras ano ata acadar unha sociedade unida polos valores da igualdade e o respecto.

 

Moitas grazas!

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información