Nace ‘Daño Cerebral’, a nova marca da Federación Española de Dano Cerebral

30/05/2024

As entidades do Movemento Asociativo de Dano Cerebral unifícanse baixo un novo logo e denominación. No acto de presentación Ana Cabellos, presidenta da federación, dixo que “o camiño ata aquí fíxonos moito máis fortes”. Sarela implantarao nos próximos meses.

A Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) estreou nova imaxe baixo marca ‘Daño Cerebral’. A través do vídeo de presentación ‘Aquilo que somos’ deuse a coñecer o novo paso que adopta o movemento asociativo que agrupa ás entidades que traballan con persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias.

“O camiño ata aquí fíxonos máis fortes.” Ana Cabellos, presidenta da Federación Española de Daño Cerebral, sinalou a importancia deste paso para o Movemento Asociativo, que se iniciou no ano 2017 e que conclúe agora coa adopción da marca.

A partir de hoxe, a Federación identificarase co novo logo e denominación que se presentou hoxe nun diálogo no que participaron Ana Cabellos, presidenta da Federación Española de Daño Cerebral e Luciano Fernández, ex presidente da mesma e presidente da Federación Galega de Dano Cerebral, e que se atopaba exercendo o cargo cando se expuxo este reto. “É unha boa noticia para todas as entidades, esta é unha ferramenta para unir e para que sigamos traballando no noso obxectivo”, indicou o Fernández, que convidou a todas as entidades do Movemento Asociativo a que adopten a nova marca sen medo ao cambio.

“Agora tócanos implantar esta marca en todo o territorio”, Ana Cabellos concluíu o acto facendo fincapé en que o Movemento Asociativo ten capacidade para realizar este cambio, que será positiva.

Con esta unión de imaxe, a Federación Española de Daño Cerebral quere mostrar ao exterior o traballo, a cohesión e a evolución que se deu de maneira interna desde a súa creación no ano 1995, e reforzar o proxecto común e os obxectivos compartidos de todas as entidades que forman parte.

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información