Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O grupo de teatro de Sarela volve o venres 6 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación, “Neflis Sarela”. Esta será a sexta obra creada e interpretada por persoas usuarias dos nosos servizos, familiares, persoas voluntarias e profesionais da asociación.

Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva”, “Sarela e a Fábrica de chocolate” e o ano pasado “Amar en tempos de Sarela”.
Este ano o guión regresa ao mundo da televisión que serviu de inspiración para a primeira representación pero coas novas formas de consumo televisivo. O elenco de actores e actrices meterannos de cheo na plataforma de tv online de Sarela para facer un repaso por series de éxito. Coma todos os anos, o que suceda unha vez lle deamos ao play só se poderá coñecer estando no Auditorio ese día.
Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.