O Concello de Santiago cede a Sarela unha parcela para a ampliación e mellora da nosa sede

27/08/2024

A Xunta de Goberno local aprobou o luns 26 de agosto a concesión demanial a Sarela sobre a parcela anexa á sede da asociación no barrio do Castiñeiriño. A parcela será concedida por un prazo de 30 anos, prorrogables até os 75, e permitirá ampliar as instalacións de Sarela para ampliar e mellorar a prestacións do servizos que presta a persoas e familias con dano cerebral.

A parcela ten unha superficie de 305 metros cadrados e nela construirase un novo edificio conectado co actual, inaugurado en decembro de 2016. Desde aquela, medrou o número de persoas usuarias nos servizos especializados existentes e creáronse novos para mellorar a atención ás persoas con dano cerebral.

O impulso á ampliación da actual sede permitirá incrementar o número de persoas usuarias garantindo a calidade da súa atención tendo en conta que o espazo e a relación de persoal necesario en patoloxías de grande dependencia son moi elevados. Á vez, como historicamente fixo a asociación, contar cun centro máis grande permitirá por en marcha novos servizos que cubran as necesidades de atención de todas as fases do dano cerebral adquirido.

Sarela agradece ao Concello de Santiago a cesión e axilidade no proceso que permitirá iniciar a solicitude dos permisos necesarios para o comezo das obras.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información