Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
“Amar en tempo de Sarela” é a quinta obra creada integramente e representada polo seu grupo de teatro. Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.
O grupo de teatro de Sarela volve o venres 7 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva” e “Sarela e a Fábrica de chocolate” e este ano estreamos “Amar en tempos de Sarela”.
Polo escenario da Sala Mozart pasarán máis de 50 persoas entre familias, persoas voluntarias, profesionais e sobre todo polo elenco principal de actores e actrices que está formado por persoas con dano cerebral adquirido. E outro ano máis contaremos coa colaboración do actor Rubén Riós como condutor da gala.
“Amar en temos de Sarela” discorre nas festas da Ascensión aló polo ano 1982 e conta os devires de Susana, Clara, Claudio, José e outros personaxes nunha obra que, coma outros anos, ten moito enredo.
Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.