Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Esta axuda de 2.000 euros será destinada aos nenos e nenas que participan na actividade grupal de terapia acuática do Servizo de Atención Especializada. Esta foi a primeira edición desta iniciativa social da que tamén se beneficiarán outras cinco entidades: Down Compostela, Asanog, Aspanaes, Asotrame e Fundación Andrea.
Segundo Viaqua, ‘Auga, Saúde e Infancia’ é unha “nova iniciativa social que reafirma o seu compromiso co benestar das persoas nos municipios onde está presente”. Este programa ten como obxectivo apoiar proxectos que promovan accións e actividades asistenciais, sanitarias, científicas e de lecer. Os proxectos seleccionados traballan desde distintas perspectivas, pero todos comparten un enfoque común: mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias.
No caso de Dano Cerebral Santiago de Compostela a axuda de 2.000 euros será destinada á actividade de terapia acuática grupal para nenos e nenas e que desenvolve o Servizo de Atención Especializada na piscina terapéutica da sede da entidade.
O acto de sinatura destes convenios celebrouse na sede da empresa, que é líder na xestión do ciclo integral da auga, na súa sede “A Vila da Auga” e estiveron presentes Nicolás Esmorías, director executivo de Viaqua, e Javier Díez, director territorial de Veolia. Dano Cerebral Santiago de Compostela estivo representada polo seu presidente, José Balboa.